Teleperformance España
QUEN SOMOS?
- ACTIVIDADE DA EMPRESA: Teleperformance, o provedor líder mundial en xestión de contact centers e servizos CRM externalizados. O Grupo conta con 83 000 postos de operacións informatizados e máis de 128 000 empregados, en 263 contact centers de 50 países, e xestiona programas en máis de 66 idiomas e dialectos diferentes para importantes empresas internacionais de diversas industrias.
- IMPLANTACIÓN XEOGRÁFICA: Madrid: headquarter; delegacións: A Coruña, Santander, Barcelona, Sevilla e Jaen.
- CADRO DE PERSOAL: 3000 a nivel nacional, 120 000 a nivel mundial
QUÉ PERFIS PROFESIONAIS NOS INTERESAN
- NIVEL DE ESTUDOS / TITULACIÓNS MÁIS HABITUAIS NA EMPRESA: Nivel mínimo bacharelato.
- EXPERIENCIA: Valorable en venda ou televenda.
- IDIOMAS E NIVEL DE COÑECEMENTO: En función de campañas específicas.
- INFORMÁTICA: Afeito a traballar con Microsoft Office.
- HABILIDADES SOCIAIS: Persoa automotivada, responsable, orientada a clientes e afeita a traballar por obxectivos. Excelentes e demostradas habilidades para traballar en equipo.
QUÉ OFRECEMOS AOS CANDIDATOS
- FUNCIÓNS A DESENVOLVER: Emisión de chamadas para venda de tarifas eléctricas e/ou gas.
- SALARIO BRUTO APROXIMADO NO PRIMEIRO ANO: 830 € brutos mensuais (pagas extras rateadas) + incentivos por vendas
- GRAO DE RESPONSABILIDADE: En función das características do posto.
- FORMA DE CONTRATACIÓN MÁIS HABITUAL: Obra, eventuais.
- POSIBILIDADE DE SEGUIR NA EMPRESA FINALIZADO O CONTRATO: De ter novas campañas, a posibilidade de pasar a elas é completa sempre e cando cumpra co perfil requirido. En todo caso mantemos a nosa BD de extraballadores, que son os primeiros cos que contamos antes de publicar.
- PERÍODO DE PROBA: 1 mes
- OPORTUNIDADES DE PROMOCIÓN: Contamos co departamento de Desenvolvemento profesional, que se responsabiliza desta interesante función.
- BENEFICIOS SOCIAIS: Ao seres parte de Teleperformance, adquires unha serie de beneficios produto das nosas negociacións con diferentes compañías
- FORMACIÓN A CARGO DA EMPRESA: Antes de incorporarse, o candidato recibe dous tipos de formación: unha exclusiva do produto/servizo e outra relacionada coa función por realizar (vendas, atención ao cliente etc.); adicionalmente, realízanse formacións continuamente destinadas a mellorar habilidades.
- OUTROS ASPECTOS: -












