TELECOMUNICACIONES Y ENERGÍA, S.A./ TECNOCOM
QUEN SOMOS?
- ACTIVIDADE DA EMPRESA: O
grupo Tecnocom é unha empresa española líder no sector das TIC
(Tecnoloxías da Información e as Comunicacións), con máis de 5000 profesionais
a nivel mundial e unha facturación proforma de 450 millóns de euros. Cotiza en
bolsa dende 1987 e conta entre os seus clientes con 23 das empresas que forman
o IBEX 35.
A diferenza de Tecnocom consiste en ofrecer maior eficiencia, flexibilidade e proximidade aos clientes que as grandes compañías globais, e con maior potencia, capacidade, catálogo de servizos e solvencia financeira que as compañías de nicho e rexionais.
- IMPLANTACIÓN XEOGRÁFICA: Temos presenza rexional directa en España, Portugal e América Latina (Chile, Colombia, México, Perú, Brasil, Costa Rica e República Dominicana). Así mesmo, estamos presentes en máis de 70 países a través da nosa alianza global con Getronics.
- CADRO DE PERSOAL: Actualmente, o noso equipo está formado por máis de 5300 profesionais.
QUÉ PERFIS PROFESIONAIS NOS INTERESAN
- NIVEL DE ESTUDOS / TITULACIÓNS MÁIS HABITUAIS NA EMPRESA: Buscamos, sobre todo, profesionais con titulacións afíns ao ámbito da Informática: titulacións universitarias (Enxeñaría Técnica e/ou Superior en Informática, Telecomunicacións, Matemáticas, Física...) e ciclos formativos (Administración de Sistemas Informáticos, Desenvolvemento de Aplicacións, Explotación de Sistemas Informáticos, Sistemas de Telecomunicación e Informáticos e Equipos Electrónicos de Consumo)
- EXPERIENCIA: Buscamos dende perfís júniors sen experiencia ata profesionais cun alto grao de especialización e experiencia no seu ámbito de traballo.
- IDIOMAS E NIVEL DE COÑECEMENTO: Valoramos moi positivamente coñecementos en inglés, principalmente na súa rama técnica tanto a nivel escrito coma en situacións reais de conversación.
- INFORMÁTICA: -
- HABILIDADES SOCIAIS: -
QUÉ OFRECEMOS AOS CANDIDATOS
- FUNCIÓNS A DESENVOLVER: En función do perfil.
- SALARIO BRUTO APROXIMADO NO PRIMEIRO ANO: En función do perfil.
- GRAO DE RESPONSABILIDADE: En función do perfil.
- FORMA DE CONTRATACIÓN MÁIS HABITUAL: En función do perfil e do proxecto en que leve a cabo o seu traballo.
- POSIBILIDADE DE SEGUIR NA EMPRESA FINALIZADO O CONTRATO: Dependendo da viabilidade do proxecto e do desempeño, estúdase caso a caso a posibilidade de prolongar a vinculación empresa-empregado.
- PERÍODO DE PROBA: Varía dependendo da titulación (entre 3 e 6 meses).
- OPORTUNIDADES DE PROMOCIÓN: Contamos cun modelo de carreiras profesionais diversificadas, que terán como punto de partida a experiencia que achegas e sobre a que marcarás os teus horizontes profesionais. Apoiámonos nun proceso de avaliación do desempeño, con revisións salariais en función da túa achega ao proxecto empresarial. Premiamos a excelencia e a contribución nos proxectos en que participes.
- BENEFICIOS SOCIAIS: Ofrecémosche unha retribución á carta. Poderás elixir diferentes beneficios sociais e modelar ti mesmo como queres ser compensado: aseguradoras tanto para ti coma para a túa familia (vida, fogar, automóbil, saúde...), financeiras (hipotecas, préstamos etc.), tíckets de comida, axuda de gardaría, ximnasio, viaxes, inmobiliarias, material informático, roupa, formación, ocio e espectáculos.
- FORMACIÓN A CARGO DA EMPRESA: Contamos cunha
ampla oferta en formación continua presencial e e-learning en todo tipo de
tecnoloxías, funcionalidades e desenvolvemento das túas habilidades persoais
para a xestión de proxectos.
Así mesmo, tamén dispoñemos dun Plan de certificacións, xa que somos socios tecnolóxicos dos máis importantes provedores de solucións (Carbón Systems, Microsoft, IBM...).
Contamos cunha plataforma de formación e-learning propia onde contarás con cursos de tipo técnico, habilidades e idiomas. Así mesmo, no Plan de Formación Anual, contemplaranse todas aquelas accións requiridas para incrementar os teus coñecementos e desempeño no teu posto de traballo. - OUTROS ASPECTOS: -












