GRUPO AFFINES (Affines training s.l.)
QUEN SOMOS?
- ACTIVIDADE DA EMPRESA: En grupo Affines cremos nas oportunidades e no individuo como o seu principal xerador, porque estamos orientados ás persoas e porque sabemos que unha exhaustiva análise das necesidades, tanto empresariais coma persoais, unidas a unha correcta implementación, provoca resultados extraordinarios.
Cremos no Coaching como un proceso de acompañamento no que os nosos clientes afondan na súa aprendizaxe, aumentan o seu rendemento e melloran a súa calidade de vida.
E como dixo William Glaser: "Aprendemos un 10% do que lemos, un 30% do que vemos e escoitamos e un 80% do que experimentamos", e para experimentar contamos cunha ampla variedade de Eventos Motivadores. Toda experiencia gratificante e reforzante é un paso máis cara á autoestima e, en consecuencia, conduce á plena autorrealización. As nosas liñas de negocio:
Affines Implanta: consultoría, mentoring e plans formativos.
Affines Implica: coaching empresarial e de equipos.
Affines Impulsa: eventos motivadores. - IMPLANTACIÓN XEOGRÁFICA: Encontrámonos situados en Santiago de Compostela, sendo o noso ámbito de actuación tanto nacional como internacional.
- CADRO DE PERSOAL: 5-10
QUÉ PERFIS PROFESIONAIS NOS INTERESAN
- NIVEL DE ESTUDOS / TITULACIÓNS MÁIS HABITUAIS NA EMPRESA: Ciclo Superior. Diplomatura / Licenciatura
- EXPERIENCIA: Máis de dous anos
- IDIOMAS E NIVEL DE COÑECEMENTO: -
- INFORMÁTICA: Nivel de usuario e avanzado de ferramentas ofimáticas.
- HABILIDADES SOCIAIS: Persoa proactiva e resolutiva, con capacidade de adaptación e traballo en equipo, habilidades comunicativas e orientada ao cliente e aos resultados.
QUÉ OFRECEMOS AOS CANDIDATOS
- FUNCIÓNS A DESENVOLVER: Asesores/as comerciais en consultoría e formación. Formadores/as en desenvolvemento de habilidades brandas.
- SALARIO BRUTO APROXIMADO NO PRIMEIRO ANO: En función do posto, considerando o grao de responsabilidade, a localización xeográfica e o proxecto.
- GRAO DE RESPONSABILIDADE: Alto.
- FORMA DE CONTRATACIÓN MÁIS HABITUAL: Contratación inicial de 3 meses coa posibilidade de converterse nunha contratación indefinida.
- POSIBILIDADE DE SEGUIR NA EMPRESA FINALIZADO O CONTRATO: En Grupo Affines estamos comprometidos cos nosos clientes e somos conscientes da importancia que nisto ten a estabilidade e a continuidade das persoas que forman parte do noso proxecto.
- PERÍODO DE PROBA: En función do posto
- OPORTUNIDADES DE PROMOCIÓN: Si
- BENEFICIOS SOCIAIS: Horarios flexibles para permitir conciliar a vida laboral e familiar.
- FORMACIÓN A CARGO DA EMPRESA: Desenvolvemento de importantes plans formativos dirixidos a potenciar as habilidades de cada un dos nosos candidatos.
- OUTROS ASPECTOS: Os nosos candidatos teñen que ter absoluta dispoñibilidade para viaxar.












