GES Consultores y Analistas, S.L.
QUEN SOMOS?
- ACTIVIDADE DA EMPRESA: GES Consultores é unha consultora de recursos humanos especializada na prestación de servizos de consultoría e asistencia técnica nas áreas relacionadas coa Xestión de Persoas: Selección de Persoal, Asesoramento e Intermediación Laboral, Elaboración de Estudos de Consultoría, así como Desenvolvemento de Plans Formativos para empresas, Organismos Públicos e Institucións. O noso labor consiste en ofrecer ás empresas profesionais, estratexias e ferramentas operativas segundo as necesidades e obxectivos específicos da súa organización e do mercado.
- IMPLANTACIÓN XEOGRÁFICA: Encontrámonos situados na Coruña, sendo o noso ámbito de actuación tanto nacional coma internacional.
- CADRO DE PERSOAL: 7 Persoas
QUÉ PERFIS PROFESIONAIS NOS INTERESAN
- NIVEL DE ESTUDOS / TITULACIÓNS MÁIS HABITUAIS NA EMPRESA: Ciclo Superior. Diplomatura / Licenciatura. Enxeñaría Técnica / Enxeñaría Superior
- EXPERIENCIA: Temos experiencia en sectores como servizos, industria, construción, distribución, téxtil, loxística e alimentación.
- IDIOMAS E NIVEL DE COÑECEMENTO: Inglés, francés, galego, alemán, chinés. Sempre adaptándonos ás necesidades de cada cliente.
- INFORMÁTICA: Usuario avanzado de ferramentas ofimáticas, ademais das ferramentas de xestión específicas de cada cliente en función do seu sector de actividade.
- HABILIDADES SOCIAIS: Persoa resolutiva, dinámica, analítica, adaptable e con capacidade para orientarse ao cliente e aos resultados.
QUÉ OFRECEMOS AOS CANDIDATOS
- FUNCIÓNS A DESENVOLVER: Ofrecémoslles aos nosos candidatos a máxima calidade nos nosos procedementos de selección, garantindo a confidencialidade total destes e favorecendo a súa integración na organización.
- SALARIO BRUTO APROXIMADO NO PRIMEIRO ANO: En función do posto, considerando o grao de responsabilidade, a situación xeográfica e a situación do mercado, aínda que a banda salarial das nosas ofertas oscila de media entre os 20.000 e os 80.000 € FBA.
- GRAO DE RESPONSABILIDADE: Estamos especializados na selección de mandos intermedios e postos directivos.
- FORMA DE CONTRATACIÓN MÁIS HABITUAL: Contratación inicial de 6 meses coa posibilidade de converterse nunha contratación indefinida.
- POSIBILIDADE DE SEGUIR NA EMPRESA FINALIZADO O CONTRATO: Seleccionamos técnicos, mandos intermedios e directivos, polo que se trata de postos estables onde os nosos clientes buscan estabilidade, continuidade e proxectos a longo prazo.
- PERÍODO DE PROBA: Entre 3 e 6 meses en función do posto.
- OPORTUNIDADES DE PROMOCIÓN: En función do proxecto do que se trate, comunicaranse as oportunidades de promoción e a posibilidade de desenvolver un plan de carreira dentro da organización.
- BENEFICIOS SOCIAIS: En función do posto, serán definidos pola empresa.
- FORMACIÓN A CARGO DA EMPRESA: A nosa empresa clienta determinará o plan de acollida para cada nova incorporación e nos casos nos que é necesario levarase a cabo un período de training.
- OUTROS ASPECTOS: -












