Fundación Down Compostela
QUEN SOMOS?
- ACTIVIDADE DA EMPRESA: Fundación sen ánimo de lucro, declarada de Interese Galego, que ten por obxecto a realización de cantas actividades contribúan a mellorar as condicións e a calidade de vida das personas coa Síndrome de Down, procurando a súa plena integración en diferentes ámbitos (familiar, escolar, social, laboral etc.) e o desenvolvemento dunha vida normalizada nun marco de solidariedade respecto doutras discapacidades, así como o apoio ás súas familias. Defendemos o dereito das personas con Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais a tomar as súas propias decisións, a ter unha participación activa na sociedade na que viven e a conseguir un posto de traballo na empresa ordinaria.
- IMPLANTACIÓN XEOGRÁFICA: Santiago de Compostela e a súa comarca, con presenza en 30 concellos das provincias da Coruña e Pontevedra
- CADRO DE PERSOAL: 14 traballadoras
QUÉ PERFIS PROFESIONAIS NOS INTERESAN
- NIVEL DE ESTUDOS / TITULACIÓNS MÁIS HABITUAIS NA EMPRESA: Licenciados en Psicoloxía, Psicopedagoxía, Pedagoxía. Diplomados en Maxisterio (educación especial, primaria e audición e linguaxe), Educación Social, Logopedia
- EXPERIENCIA: Non é necesario ter experiencia previa, pero requírese coñecer a realidade das persoas con discapacidade intelectual
- IDIOMAS E NIVEL DE COÑECEMENTO: Non é requisito obrigatorio.
- INFORMÁTICA: Manexo das NN.TT. para a realización de actividades educativas, e manexo, a nivel medio, do paquete Office de Microsoft
- HABILIDADES SOCIAIS: Capacidade para interaccionar con empatía coas persoas, grandes dotes para o traballo en equipo e predisposición
para a aprendizaxe
QUÉ OFRECEMOS AOS CANDIDATOS
- FUNCIÓNS A DESENVOLVER: Específicas en función da área ou programa no que se traballe (formación e emprego, vida adulta, atención temperá...)
- SALARIO BRUTO APROXIMADO NO PRIMEIRO ANO: O salario bruto anual do grupo 1 (titulado superior) é de 22.985 euros
- GRAO DE RESPONSABILIDADE: Medio-Alto
- FORMA DE CONTRATACIÓN MÁIS HABITUAL: Temporal
- POSIBILIDADE DE SEGUIR NA EMPRESA FINALIZADO O CONTRATO: Hai postos estables e postos nos que non é posible a continuidade
- PERÍODO DE PROBA: Habitualmente 2 meses
- OPORTUNIDADES DE PROMOCIÓN: -
- BENEFICIOS SOCIAIS: Os derivados de axudar ás personas con discapacidade intelectual a mellorar as súas condicións de vida
- FORMACIÓN A CARGO DA EMPRESA: Hai un programa de formación continúa sobre a filosofía da entidade, sobre os programas que están implantados e/ou se van implantar e sobre aspectos xenéricos como protección de riscos ou LOPD
- OUTROS ASPECTOS: -












