Confederación Galega de Persoas con Discapacidade - COGAMI
QUEN SOMOS?
- ACTIVIDADE DA EMPRESA: Entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública e recoñecida legalmente como entidade colaboradora en materia social en favor das persoas con discapacidade. Ten como finalidade a integración social das personas con discapacidade da comunidade autónoma de Galicia para a cal promove e coordina un movemento asociativo á vez que presta unha serie de servizos dirixidos ás persoas con discapacidade e ás súas familias.
- IMPLANTACIÓN XEOGRÁFICA: Galicia
- CADRO DE PERSOAL: 108 traballadores
QUÉ PERFIS PROFESIONAIS NOS INTERESAN
- NIVEL DE ESTUDOS / TITULACIÓNS MÁIS HABITUAIS NA EMPRESA: Os perfís máis demandados: pedagoxía, psicoloxía, traballo social e empresariais, entre outros.
- EXPERIENCIA: Non é necesario ter experiencia previa.
- IDIOMAS E NIVEL DE COÑECEMENTO: Non é un requisito necesario.
- INFORMÁTICA: Coñecementos a nivel usuario, fundamentalmente de Microsoft Word.
- HABILIDADES SOCIAIS: Habilidades comunicativas, empatía, escoita activa e iniciativa.
QUÉ OFRECEMOS AOS CANDIDATOS
- FUNCIÓNS A DESENVOLVER: As funcións a desempeñar son específicas en función do servizo que sexa, por exemplo, servizo de intermediación laboral, accesibilidade ou traballo social.
- SALARIO BRUTO APROXIMADO NO PRIMEIRO ANO: O salario bruto anual do Grupo 1 (titulado superior) é 20.545 euros.
- GRAO DE RESPONSABILIDADE: O grao de responsabilidade é alto.
- FORMA DE CONTRATACIÓN MÁIS HABITUAL: A forma de contratación máis habitual é a temporal.
- POSIBILIDADE DE SEGUIR NA EMPRESA FINALIZADO O CONTRATO: As posibilidades de continuidade na empresa son altas.
- PERÍODO DE PROBA: Non hai períodos de proba.
- OPORTUNIDADES DE PROMOCIÓN: Hai un proceso de promoción interna que permite esta posibilidade.
- BENEFICIOS SOCIAIS: Os beneficios son os derivados do traballo diario con persoas con discapacidade.
- FORMACIÓN A CARGO DA EMPRESA: Desde a empresa se realiza formación continua para os traballadores.
- OUTROS ASPECTOS: -












