ASGALCO (Asociación Gallega de Comerciales)
QUEN SOMOS?
- ACTIVIDADE DA EMPRESA: Asociación sen ánimo de lucro que ten, entre outros, os seguintes obxetivos:
- Promover o desenvolvemento, o ensino e a aplicación das técnicas e procedementos que conforman o mundo comercial e de vendas.
- Facilitar o contacto e intercambio de experiencias e coñecementos entre a comunidade de comerciais.
- Informar os seus asociados sobre as ofertas de emprego existentes, tanto a nivel autonómico como estatal.
- Informar os seus asociados sobre aspectos relevantes da profesión, as súas prácticas, a súa evolución e innovacións a escala internacional.
- Facilitar a reflexión sobre o futuro da profesión comercial. - IMPLANTACIÓN XEOGRÁFICA: Situados en Santiago de Compostela con ámbito de actuación en toda Galicia
- CADRO DE PERSOAL: 4 persoas
QUÉ PERFIS PROFESIONAIS NOS INTERESAN
- NIVEL DE ESTUDOS / TITULACIÓNS MÁIS HABITUAIS NA EMPRESA: Auxiliar administrativo/a comercial
- EXPERIENCIA: Experiencia mínima de dous anos
- IDIOMAS E NIVEL DE COÑECEMENTO: Galego (valoraránse dominio doutros idiomas: portugués, inglés, francés...)
- INFORMÁTICA: Ofimática avanzada
- HABILIDADES SOCIAIS: Persoa con elevado grao de responsabilidade, proactiva, resolutiva, flexible e orientada ao traballo en equipo.
QUÉ OFRECEMOS AOS CANDIDATOS
- FUNCIÓNS A DESENVOLVER: Atención ao cliente e telefónica, arquivo, xestión documental e ofimática...para formar parte dunha asociación cun equipo de traballo novo e dinámico.
- SALARIO BRUTO APROXIMADO NO PRIMEIRO ANO: En función do posto.
- GRAO DE RESPONSABILIDADE: Medio - Alto
- FORMA DE CONTRATACIÓN MÁIS HABITUAL: De duracíón determinada (media xornada)
- POSIBILIDADE DE SEGUIR NA EMPRESA FINALIZADO O CONTRATO: Alta
- PERÍODO DE PROBA: Tres meses
- OPORTUNIDADES DE PROMOCIÓN: -
- BENEFICIOS SOCIAIS: -
- FORMACIÓN A CARGO DA EMPRESA: -
- OUTROS ASPECTOS: Precísase unha persoa organizada, minuciosa e con capacidade para traballar en equipo.












