Actividades
FIE XORNADAS "OS NOVOS MERCADOS DE TRABALLO E AS ESTRATEXIAS INNOVADORAS PARA A BUSCA DE EMPREGO"
Prazas limitadas ata completar capacidade.
XOVES, 3 DE NOVEMBRO
10.00 – 11.30 h.
CONFERENCIA "Orientarse a fortalezas: o impacto do optimismo"
Santiago Vázquez Blanco, director de RRHH de R, analizará como orientarse ás fortalezas das persoas resulta fundamental para obter mellores resultados e aumentar a satisfacción laboral. 
10.00 - 11.30 h
CONFERENCIA "Cesión de datos a empresas ou entidades para a participación en procesos de selección. Medidas de protección”
Rafael Millán Calenti, doutor en Dereito e profesor de Dereito Mercantil da USC, analizará as medidas para a protección de datos e o cumprimento do dereito fundamental á protección de datos. 
10.30 - 13.30 h
OBRADOIRO
SALA MULTIMEDIA
“Obradoiro de coaching: branding persoal. Na diferenza está o éxito”
Nelly Rey Rey, coach profesional e Master en Dirección de RRHH. Nunha contorna laboral cada vez máis competitiva, debemos diferenciarnos aos ollos do mercado. Para iso necesitamos identificar a propia proposta de valor, atopar e potenciar os nosos recursos e ferramentas para destacar e darnos valor. Capacidade completa
10.30 - 13.30 h
OBRADOIRO "Intelixencia emocional: comunicarse mellor e entender os demais"
Anna Viñolas, psicóloga, especialista en coaching e membro da Empresa Qcoah, impartirá un obradoiro baseado nas técnicas de coaching laboral dirixido a mellorar as capacidades estratéxicas dos/as participantes na procura de emprego. Capacidade completa
10.30 - 13.30 h
OBRADOIRO "A busca activa de emprego"
Cándida Rodríguez Ferro, psicóloga colexiada, impartirá un obradoiro centrado nas técnicas de busca activa de emprego dirixido a mellorar as capacidades estratéxicas das mulleres na procura de emprego. Capacidade completa
10.30 - 13.30 h
OBRADORIO “Múdome de sistema: obradoiro de coaching para mulleres desempregadas”
Cecilia Martínez, xornalista, escritora e editora, especialista en coaching, impartirá un obradoiro baseado nas técnicas de coaching laboral dirixido a axudar a xestionar os talentos da forma máis adecuada en cada caso e a superar as crenzas limitadoras de cara a buscar un novo destino laboral. 
10.45 - 11.00 h.
APERTURA OFICIAL DA FEIRA INTERNACIONAL DE EMPREGO
12.00 - 13.30 h
CONFERENCIA
SALA PRINCIPAL
"Rede Eures. Emprego en Europa"
Jose Manuel Maceira Blanco, asesor do Servizo de Información Europea da Confederación de Empresarios de Galicia, e Laura Otero Rúa, orientadora laboral e asesora da Rede Eures da Confederación de Empresarios de Galicia. Elementos clave para a busca de emprego facilitando a mobilidade laboral sen necesidade de permiso de traballo en calquera país membro: coñecemento do mercado, planificación, autodiagnóstico de competencias e motivacións, presentación ante as empresas. 
12.30 - 13.45 h
CONFERENCIA “Servizo de Emprego con Apoio da Fundación Down Compostela. Unha oportundiade para todos"
Juan J. Martínez López, presidente de Down Compostela, e Blanca Taboada Penide, coordinadora do programa Emprego con Apoio da Fundación Down Compostela, analizarán o emprego con Apoio como fórmula para incorporar as persoas con discapacidade intelectual no mercado laboral ordinário. 
16.00 - 17.30 h
CONFERENCIA "Quen levou o meu emprego"
Faustino Sánchez Guindo, Formación y Selección at CESS El Corte Inglés. Os asistentes descubrirán como adaptarse a unha situación en constante cambio e tomar conciencia de que para conseguir resultados diferentes aos acadados ata o momento é necesario realizar cambios. 
17.30 - 19.30 h
OBRADOIRO "Axenda o teu emprego"
Marisol Vázquez Suárez, directora comercial Grupo Affines -especialistas en coaching– impartirá un obradoiro baseado nas técnicas de coaching laboral dirixido a incidir na necesidade da toma de conciencia da importancia de ter claro un obxectivo para poder establecer un plan de acción dirixido cara á consecución do emprego. 
16.00 - 19.00 h
OBRADOIRO "Intelixencia emocional: comunicarse mellor e entender os demais"
Anna Viñolas, psicóloga, especialista en coaching e membro da empresa Qcoah, impartirá un obradoiro baseado nas técnicas de coaching laboral dirixido a mellorar as capacidades estratéxicas dos/as participantes na procura de emprego. Capacidade completa
16.00 - 19.00 h
OBRADOIRO "A busca activa de emprego"
Cándida Rodriguez Ferro, psicóloga colexiada, impartirá un obradoiro centrado nas técnicas de busca activa de emprego dirixido a mellorar as capacidades estratéxicas das mulleres na procura de emprego. Capacidade completa
17.30 – 18.30 h
CONFERENCIA
SALA XORNADAS 3
"Reforma laboral. Un ano despois...”
Jose Domingo Barros Montáns, secretario de Formación UGT Galicia, analizará o impacto, os efectos e a incidencia das medidas promovidas pola reforma laboral. 
18.00 - 19.00 h
CONFERENCIA
SALA PRINCIPAL
"O sector comercial como oportunidade a unha carreira profesional de éxito"
Eloy Gesto Beiroa, Escuela Profesional y Consultoria Einventa. O sector comercial é o sector con máis posibilidades de traballo. Moitas veces os tópicos e as malas experiencias dalgúns profesionais non nos permiten ver a gran cantidade de posibilidades que se abren no terreo comercial. 
VENRES, 4 DE NOVEMBRO
10.00 - 11.45 h
CONFERENCIA “Véndete"
Felipe García Rey, responsable de grandes contas de ONO, reflexionará sobre como enfrentarse á busca de emprego con maiores porcentaxes de êxito e chegar á entrevista de traballo con pleno coñecemento e seguridade en ti mesmo/a. 
10.00 – 12.00 h
OBRADOIRO
SALA MULTIMEDIA
"Fai o teu currículo e aprende a buscar emprego"
Begoña Costa e Ana Barreiro, de C&B Asociados. Con este obradoiro tratarase de que as persoas participantes obteñan a capacidade para acadar un posto de traballo no menor tempo posible, explotando todo o seu potencial. Capacidade completa
10.00 - 13.00 h
CONFERENCIA "Desafía os límites do teu poder persoal"
Leandro Fernández Macho, xerente de Ágama Consultoria y Aprendizaje S.L., impartirá un obradoiro de máxima intensidade experiencial e motivacional, onde aprenderás a recoñecer, aceptar e superar algúns dos teus medos e limitacións. Experimentarás o significado de enfrontarse aos desafios que a vida pon no teu camiño utilizando a intelixencia emocional. 
12.00 – 13.30 h
CONFERENCIA
SALA XORNADAS 4
"Efectos da reforma laboral na contratación"
Concepción Trasande Sorei, secretaria xeral de CC.OO. para Santiago e Barbanza, e Matilde Mallo Nieves, asesora xurídica da Unión CC.OO. Santiago e Barbanza. Presentación e análise da contratación laboral e valoración do impacto das novas modalidades contractuais na creación de emprego. 
12.00 – 13.00 h
CONFERENCIA
SALA XORNADAS 2
“A Hostalaría e o Turismo como motor de emprego”
Aser Álvarez, director de Comunicación e Marketing de Hostelería Compostela. O turismo como sector emerxente, xerador de emprego. 
12.00 – 13.00 h
CONFERENCIA
SALA XORNADAS 3
"Empregos e zonas con máis demanda de postos de traballo"
Begoña Costa e Ana Barreiro, de C&B Asociados. Atopámonos nunha economía globalizada onde as fronteiras son cada vez menos nítidas, e inexistentes no caso da Unión Europea. Nesta conferencia veremos como aperturar novas vías de busca de emprego. 
10.30 - 13.30 h
OBRADOIRO
SALA XORNADAS 1
"Intelixencia emocional: comunicarse mellor e entender os demais"
Anna Viñolas, psicóloga, especialista en coaching e membro da empresa Qcoah, impartirá un obradoiro baseado nas técnicas de coaching laboral, dirixido a mellorar as capacidades estratéxicas dos/as participantes na procura de emprego. Capacidade completa
10.30 - 13.30 h
OBRADOIRO
SALA XORNADAS 5
"A busca activa de emprego"
Cándida Rodriguez Ferro, psicóloga colexiada, impartirá un obradoiro centrado nas técnicas de busca activa de emprego, dirixido a mellorar as capacidades estratéxicas das mulleres na procura de emprego. Capacidade completa
13.30 h.
CLAUSURA OFICIAL DA I FEIRA INTERNACIONAL DE EMPREGO












